Financiación para pemes a nivel comunitario. Xestión de proxectos europeos
A preparación de propostas a financiación europea e a xestión de proxectos require duns coñecementos técnicos e financeiros especializados, que permitan axustalos aos requerimentos específicos das convocatorias.
A proposta que presenta o departamento de innovación da Cámara de Comercio Ferrol consiste na impartición dun seminario orientado a sensibilizar, dinamizar e mobilizar a empresa da demarcación na procura de oportunidades e incentivos para mellorar a súa integración no tecido empresarial europeo, a través da participación en programas de incentivos europeos a empresas.
OBXECTIVOS
O obxectivo xeral do seminario é fomentar a participación das empresas nos programas de axudas da UE, na procura dun maior retorno de fondos comunitarios respecto ás aportacións da rexión.
Entre os obxectivos específicos destacan:
- Proporcionar unhas nocións básicas sobre os requerimentos técnicos no relativo á presentación de proxectos e a captación e xustificación de fondos europeos.
- Proporcionar un protocolo de actuacións e recomendacións para a correcta execución de cada unha das fases que conforma a elaboración dun proxecto europeo (programación, identificación, formulación e presentación).
- Promover e difundir as prioridades e líñas estratéxicas de actuación da Unión Europea dirixidas ás empresas.
CONTIDOS
- Instrumentos financeiros da EU e tipoloxía dos fondos comunitarios dirixidos ás empresas (mecanismos de financiación, xestión, estructura, fontes de información).
- A proposta de proxecto (xeración da idea, criterios de avaliación e selección de proxectos da UE, redacción de memoria técnica e elaboración do orzamento)
- Xestión de proxectos europeos (aspectos financeiros, administrativos e legais).
DIRIXIDO A
Profesionais e técnicos adicados á elaboración, execución, xestión e avaliación de proxectos europeos.
DATA E HORARIO
Data: Martes 1 de xuño
Horario: De 17.00 a 19.00 h (aprox.)
LUGAR
Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar.
MATRÍCULA
Gratuita
Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org
