Programa INNCORPORA
Obxectivos
Xerar 1.000 empregos directos no sector industrial e promover a innovación empresarial.
Publicación no BOE e prazo de presentación de solicitudes
Data estimada de publicación no BOE: entre o 18 e 20 de maio.
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes a partir da data de convocatoria.
Beneficiarios
Empresas e asociacións empresariais privadas, centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica privados, así como os parques científicos e tecnolóxicos privados.
Requisitos a cumprir polos tecnólogos a contratar
- Posuír polo menos o titulo oficial de Graduado dentro do novo Espazo Europeo de Educación Superior ou titulación universitaria media e que conten con, polo menos, 4 meses de experiencia en I+D.
- Ser contratados desde a publicación da convocatoria no BOE ata 20 días despois da publicación da proposta de resolución provisional (data estimada: outubro / novembro).
- Ser contratados para a realización de proxectos concretos de investigación industrial, de desenvolvemento experimental ou en estudos de viabilidade técnica.
- Deberán cursar unha formación obligatoria e gratuita, (o Executive Máster en Innovación que impartirá a EOI).
- Contratación a xornada completa.
- Duración do contrato de 12 meses a 36 meses.
- Non manter relación laboral de carácter contractual co contratante desde o 01/01/2009.
Tipo de axudas previstas
a. 2 M€ na modalidade de SUBVENCIÓN. Financiamento ao 100% o Executive Máster en Innovación (265 horas) que impartirá a EOI.
b. 264 M€ na modalidade de PRÉSTAMOS destinados a financiar o resto de custos elixibles, [Soldo+SS+Custos indirectos (20% de soldo+SS)], coas seguintes características-Sen garantías.
- Ao 0% de interese.
- Cunha duración de 9 anos (con 3 de carencia).
- Pago anual por anticipado.
Outros aspectos importantes desta convocatoria
- Formación unificada
- Comunidade de Tecnólogos (efecto rede)
- Creación de emprego cualificado
- Transferencia inmediata de talento
Enlace a inncorpora
