Aforro e eficiencia enerxética na empresa

A enerxía é un dos principais motores que moven a nosa economía. Neste contexto, os baixos niveis de eficiencia enerxética en produción e consumo son unha das causas da vulnerabilidade do modelo enerxético vixente.

Sendo o tecido empresarial un dos actores máis importantes no mercado da enerxía, a implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética nas empresas constitúe un dos pilares básicos das actuais políticas enerxéticas de España e da UE. Numerosos estudos conclúen na necesidade de facer un uso racional da enerxía no sector industrial, buscando o aforro e a eficiencia nos procesos productivos.

A Cámara de Comercio de Ferrol, consciente das posibilidades que teñen as empresas de reducir de maneira eficiente o seu consumo de enerxía, organiza un obradoiro sobre aforro e eficiencia enerxética na empresa, no que se presentarán solucións e ferramentas para identificar e avaliar, en función da sua rendibilidade, as distintas oportunidades de aforro de enerxía existentes nos diferentes procesos industriais, como unha práctica que contribuirá a mellorar a competitividade da súa empresa, vía redución de custos, e a diminuír os impactos ambientais derivados dunha menor demanda industrial de enerxía.

OBXECTIVO

Difusión e fomento do emprego de ferramentas e tecnoloxías enerxéticamente eficientes que permitan optimizar os consumos de enerxía no tecido empresarial.

PROGRAMA

1. Situación enerxética actual.

2. Auditoría Enerxética: metodoloxía, potenciais aforros, exemplos.

3. Tecnoloxías Eficientes: a coxeneración.

4. Certificación Enerxética de Edificios: marco regulador e ferramentas dispoñibles.

5. Axudas e subvencións para o aforro e a eficiencia enerxética.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

Data: martes 11 de maio (2 h)

Lugar: Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n. Edificio de usos múltiples, 1º andar (Ferrol).

HORARIOS

De 17.00 a 19.00 h

MATRICULA

Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

~ por innovacionecompetitividade en 5 mayo 2010.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

 
Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.