ANÁLISE DE FALLOS EN COMPONENTES METÁLICOS

•22 noviembre 2010 • Dejar un comentario

obxectivos

  • Introdución aos tipos de fallos máis habituais en componentes metálicos: características, modos de aplicación das cargas e orixe dos mesmos.
  • Coñecer os mecanismos que permiten supoñer a tendencia e a probabilidade de que un material nunhas determinadas condicións falle, e como se vai a manifestar ese fallo.
  • Determinar as ferramentas dispoñibles na investigación de causas de fallo, así como a sistemática a seguir na análise do problema.

contidos

1. Consideracións xerais na análise de fallos e clasificación:

· Funcional.

· Orixe determinante do fallo.

· Modo de aplicación da carga e tipo de solicitación.

· Mecanismo de fallo e outros aspectos morfolóxicos e tipos de solicitación.

2. Técnicas empregadas na análise de fallos.

3. Sistemática a seguir no estudo de fallos en servizo.

4. Exemplos prácticos.

data e horario

Data: martes 30 de novembro

Horario: De 16.00 a 20.00 h (aprox.)

lugar

Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar.

matrícula

Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

XORNADA DE ACTUALIZACIÓN EN TECNOLOXÍAS DE UNIÓN PARA A INDUSTRIA METALMECÁNICA

•11 noviembre 2010 • Dejar un comentario

OBXECTIVOS

Dar a coñecer a evolución, tendencias e novedades en tecnoloxías de unión que interveñen nos procesos produtivos do sector metalmecánico, coa finalidade de avaliar a súa potencial incorporación nas empresas da comarca. A presentación de casos de éxito de proxectos innovadores desenvolvidos por empresas do sector será outro dos obxectivos desta xornada técnica.

CONTIDOS

Entre os contidos da xornada  figuran as seguintes tecnoloxías:

  • Arco sumerxido
  • Robótica
  • Friction Stir Welding
  • Láser
  • Inducción
  • Casos de éxitos en empresas do sector

DATA E HORARIO

Data: Mércores 17 de novembro

Horario: De 17.00 a 19.00 h (aprox.)

LUGAR

Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar.

MATRÍCULA

Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

2ª Edición curso de sensibilización medioambiental – acceso a NAVANTIA

•7 octubre 2010 • Dejar un comentario

A primeira edición do curso de sensibilización medioambiental, programado para os días 13 e 14 de outubro, ten as prazas esgotadas. Co obxectivo de avaliar a posibilidade de formar un novo grupo, a Cámara de Comercio de Ferrol abre un periodo de preinscripción para unha segunda edición do mesmo curso.

OBXECTIVOS
O obxectivo xeral do curso é a adquisición dos coñecementos, habilidades e actitudes, relacionadas coa normativa medioambiental vixente.

CONTIDOS

  • Introdución ao medioambiente na empresa
  • Identificación de aspectos ambientais (residuos, emisións, consumos de recursos e enerxía, derrames accidentais, solos, augas, ruido, etc.)
  • Requisitos legais básicos que afectan á nosa actividade:

· Almacenamento de sustancias
· Segregación de residuos
· Actuacións ante derrames incidentais
DATA E HORARIO
Datas: 20 e 21 de xaneiro de 2011
Horario: De 16.00 a 20.00 h
Duración: 8 horas

LUGAR
Centro de formación da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Recinto feiral (FIMO).

MATRÍCULA
Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Regulamento Europeo EMAS

•28 septiembre 2010 • Dejar un comentario

En xaneiro deste ano publicouse no Diario Oficial da Unión Europea o novo Regulamento EMAS Regulamento (CE) 1221/2009 relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais. Coa publicación do novo Regulamento, EMAS manténse como a ferramenta de xestión ambiental máis esixente, faise máis accesible, gracias a novas ferramentas e procedementos simplificados, e máis atractivo para as empresas, ao internacionalizarse fora da Comunidade Europea.

OBXECTIVOS

  • Coñecer os requisitos do Regulamento EMAS.
  • Reflexionar sobre as consecuencias para as organizacións dos cambios introducidos.
  • Dar solucións para unha fácil adaptación das organizacións ás esixencias desta revisión do EMAS.

CONTIDOS

  • Módulo I: Qué é o Regulamento EMAS?
  • Módulo II: Requisitos específicos fronte á ISO 14001
  • Módulo III: Novidades do último Regulamento
  • Módulo IV: Proceso de verificación.

DATA E HORARIO
Data: luns 4 de outubro
Horario: De 16.00 a 20.00 h (aprox.)

LUGAR
Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar.

MATRÍCULA
Gratuita

Se non fixo a súa preinscripción, deberá enviar o boletín ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Homologacións e inspección de soldaduras

•14 septiembre 2010 • Dejar un comentario

OBXECTIVOS

A xornada preséntase como unha oportunidade para o coñecemento tecnolóxico dos procesos máis avanzados das homologacións e inspeccións de soldaduras e procedementos.

O obxectivo principal perseguido coa posta en marcha desta xornada é o de achegar aos participantes aos principais aspectos relacionados coa inspección de soldaduras, tanto desde o punto de vista do inspector como axente implicado, como os procedementos a levar a cabo.

CONTIDOS

Módulo I: A inspección de soldadura. Cualificacións europeas e internacionais

  • Tarefas do inspector.
  • Tipo de acreditación.
  • Normativa de referencia.
  • Saídas profesionais.

Módulo II: As homologacións de soldadores e procedementos

  • Entorno normativo.
  • As variables esenciais e a súa identificación nos documentos.
  • Formais: PWPS, WPS, WPQR
  • Os ensaios
  • O examinador.

DIRIXIDO A

Xerentes e persoal directivo involucrado na toma de decisións técnicas; directores industriais; enxeñeiros de soldadura; responsables de calidade e, en xeral, persoal interesado neste ámbito.

DATA E HORARIO

Data: luns  20 de setembro

Horario: De 17.00 a 21.00 h (aprox.)

LUGAR

Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar.

MATRÍCULA

Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Financiación para pemes a nivel comunitario. Xestión de proxectos europeos

•26 mayo 2010 • Dejar un comentario

A preparación de propostas a financiación europea e a xestión de proxectos require duns coñecementos técnicos e financeiros especializados, que permitan axustalos aos requerimentos específicos das convocatorias.

A proposta que presenta o departamento de innovación da Cámara de Comercio Ferrol consiste na impartición dun seminario orientado a sensibilizar, dinamizar e mobilizar a empresa da demarcación na procura de oportunidades e incentivos para mellorar a súa integración no tecido empresarial europeo, a través da participación en programas de incentivos europeos a empresas.

OBXECTIVOS

O obxectivo xeral do seminario é fomentar a participación das empresas nos programas de axudas da UE, na procura dun maior retorno de fondos comunitarios respecto ás aportacións da rexión.

Entre os obxectivos específicos destacan:

  • Proporcionar unhas nocións básicas  sobre os requerimentos técnicos no relativo á presentación de proxectos e a captación e xustificación de fondos europeos.
  • Proporcionar un protocolo de actuacións e recomendacións para a correcta execución de cada unha das fases que conforma a elaboración dun proxecto europeo (programación, identificación, formulación e presentación).
  • Promover e difundir as prioridades e líñas estratéxicas de actuación da Unión Europea dirixidas ás empresas.

CONTIDOS

  • Instrumentos financeiros da EU e tipoloxía dos fondos comunitarios dirixidos ás empresas (mecanismos de financiación, xestión, estructura, fontes de información).
  • A proposta de proxecto (xeración da idea, criterios de avaliación e selección de proxectos da UE, redacción de memoria técnica e elaboración do orzamento)
  • Xestión de proxectos europeos (aspectos financeiros, administrativos e legais).

DIRIXIDO A

Profesionais e técnicos adicados á elaboración, execución, xestión e avaliación de proxectos europeos.

DATA E HORARIO

Data: Martes 1 de xuño

Horario: De 17.00 a 19.00 h (aprox.)

LUGAR

Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar.

MATRÍCULA

Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Programa INNCORPORA

•12 mayo 2010 • Dejar un comentario

Obxectivos
Xerar 1.000 empregos directos no sector industrial e promover a innovación empresarial.

Publicación no BOE e prazo de presentación de solicitudes
Data estimada de publicación no BOE: entre o 18 e 20 de maio.
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes a partir da data de convocatoria.

Beneficiarios
Empresas e asociacións empresariais privadas, centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica privados, así como os parques científicos e tecnolóxicos privados.

Requisitos a cumprir polos tecnólogos a contratar

  • Posuír polo menos o titulo oficial de Graduado dentro do novo Espazo Europeo de Educación Superior ou titulación universitaria media e que conten con, polo menos, 4 meses de experiencia en I+D.
  • Ser contratados desde a publicación da convocatoria no BOE ata 20 días despois da publicación da proposta de resolución provisional (data estimada: outubro / novembro).
  • Ser contratados para a realización de proxectos concretos de investigación industrial, de desenvolvemento experimental ou en estudos de viabilidade técnica.
  • Deberán cursar unha formación obligatoria e gratuita, (o Executive Máster en Innovación que impartirá a EOI).
  • Contratación a xornada completa.
  • Duración do contrato de 12 meses a 36 meses.
  • Non manter relación laboral de carácter contractual co contratante desde o 01/01/2009.

Tipo de axudas previstas

a.  2 M€ na modalidade de SUBVENCIÓN. Financiamento ao 100% o Executive Máster en Innovación (265 horas) que impartirá a EOI.

b. 264 M€ na modalidade de PRÉSTAMOS destinados a financiar o resto de custos elixibles, [Soldo+SS+Custos indirectos (20% de soldo+SS)], coas seguintes características-Sen garantías.

- Ao 0% de interese.
- Cunha duración de 9 anos (con 3 de carencia).
- Pago anual por anticipado.

Outros aspectos importantes desta convocatoria

- Formación unificada
- Comunidade de Tecnólogos (efecto rede)
- Creación de emprego cualificado
- Transferencia inmediata de talento

Enlace a inncorpora

Aforro e eficiencia enerxética na empresa

•5 mayo 2010 • Dejar un comentario

A enerxía é un dos principais motores que moven a nosa economía. Neste contexto, os baixos niveis de eficiencia enerxética en produción e consumo son unha das causas da vulnerabilidade do modelo enerxético vixente.

Sendo o tecido empresarial un dos actores máis importantes no mercado da enerxía, a implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética nas empresas constitúe un dos pilares básicos das actuais políticas enerxéticas de España e da UE. Numerosos estudos conclúen na necesidade de facer un uso racional da enerxía no sector industrial, buscando o aforro e a eficiencia nos procesos productivos.

A Cámara de Comercio de Ferrol, consciente das posibilidades que teñen as empresas de reducir de maneira eficiente o seu consumo de enerxía, organiza un obradoiro sobre aforro e eficiencia enerxética na empresa, no que se presentarán solucións e ferramentas para identificar e avaliar, en función da sua rendibilidade, as distintas oportunidades de aforro de enerxía existentes nos diferentes procesos industriais, como unha práctica que contribuirá a mellorar a competitividade da súa empresa, vía redución de custos, e a diminuír os impactos ambientais derivados dunha menor demanda industrial de enerxía.

OBXECTIVO

Difusión e fomento do emprego de ferramentas e tecnoloxías enerxéticamente eficientes que permitan optimizar os consumos de enerxía no tecido empresarial.

PROGRAMA

1. Situación enerxética actual.

2. Auditoría Enerxética: metodoloxía, potenciais aforros, exemplos.

3. Tecnoloxías Eficientes: a coxeneración.

4. Certificación Enerxética de Edificios: marco regulador e ferramentas dispoñibles.

5. Axudas e subvencións para o aforro e a eficiencia enerxética.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

Data: martes 11 de maio (2 h)

Lugar: Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n. Edificio de usos múltiples, 1º andar (Ferrol).

HORARIOS

De 17.00 a 19.00 h

MATRICULA

Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

AXUDAS INNOVACIÓN E EMPRESA

•29 abril 2010 • Dejar un comentario

Programa de accións de consultorías individualizadas dirixidas a mellorar a competitividade das Pemes

Desde  a Dirección General de Política de la PYME infórmase da convocatoria dun Programa de Asistencia Técnica individualizada no ámbito da I+D+i e a Xestión Empresarial, coa finalidade de aumentar e consolidar a base empresarial de carácter innovador mediante a detección de proxectos de calidade e viabilidad científica e/ou tecnolóxica.

Poderán solicitar a participación no Programa calquera empresa interesada que cumpra cos Requisitos da Convocatoria. Os empresarios que desexen inscribirse deberán realizar a solicitude antes do 31 de maio de 2010.

Poderá atopar unha maior información do programa seguindo o enlace:

Programa de accións de consultoría especializada

Convocatoria de propostas para accións no campo da eco-innovación, dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP).

A convocatoria financiará proxectos relativos a primeira aplicación ou replicación no mercado de técnicas, produtos, procesos u prácticas ecoinnovadoras que foran xa tecnicamente demostradas, pero que, debido a riscos aínda existentes necesitan incentivos para penetrar significativamente no mercado.

Áreas prioritarias:

  • Reciclaxe de materiais
  • Produtos sostibles para a construción
  • Sector da alimentación e das bebidas
  • Empresas verdes / compras intelixentes

Data de peche: 9 de setembro de 2010 (ata as 17.00 horas)

Orzamento: 35,02 millóns de €.

Porcentaxe de financiamento: ata o 50% dos custos elixibles do proxecto.

Consorcio: Os proxectos poden ser solicitados por unha ou varias entidades, se ven é necesario demostrar o valor engadido europeo do proxecto.

Duración dos proxectos: máximo 36 meses.

Ligazón á Web da convocatoria: Accións ecoinnovación

Seminario ecoi: Innovación para a competitividade sostible empresarial

•27 abril 2010 • Dejar un comentario

Qué pode aportar á miña empresa a ecoinnovación? pode axudarme a acceder a novos mercados? É posible reducir custos mediante a ecoeficiencia dos procesos? Cómo poido aforrar custos enerxéticos?

Cada día son máis as empresas que se plantexan estas cuestions, pero poucas son conscientes de que a integración da ecoinnovación na estratexia empresarial contribue sustancialmente á mellora da xestión e ao seu desenvolvemento competitivo. A primeira das sesións acercará as empresas o concepto de ecoinnovación e analizará as principais vantaxes e beneficios que se derivan da súa implantación, así como as distintas fontes de financiación da Ecoinnovación de que dispón.

Na segunda das sesions farase un repaso dos principais programas europeos de apoio a ecoinnovación, prestando especial atención á recente convocatoria de Ecoinnovation do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP).

CONTIDOS

Sesión 1: Ecoinnovación e beneficios para a empresa

  • Definicións e conceptos.
  • Contexto e políticas de fomento da ecoinnovación.
  • Vantaxes da Ecoinnovación e a Ecoeficiencia.
  • Ecoinnovación, ecodeseño e novos mercados.

Relatora: Sonia Pazos (Directora de proxectos de innovación de FEUGA)

Sesión 2: Programas europeos de apoio a Ecoinnovación

  • Programa Life+.
  • Programa Marco para a Innovación e a Competitividade.
  • Sétimo Programa Marco de IDT.

Relator: Carlos Sánchez (técnico área de asesoramento OPIDi)

DATAS
4 de maio (3 h)

HORARIOS
De 17.00 a 20.00 h

MATRICULA
Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

 
Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.